C.A DE ÁREA SANITARIA

Órgano ou entidade tramitadora: Xerencia do Servizo Galego de Saúde

Departamento: Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Data da publicación no DOG: 31/10/2018

Obxecto: A través da Lei 1/2018, do 2 de abril, pola que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 68, do 9 de abril de 2018), introdúcese un novo artigo 26 bis, no que se regulan os "...consellos asesores de pacientes", os que, de acordo co establecido no seu apartado 1, configúranse como órganos de participación das asociacións nas que se agrupan os pacientes. No apartado 2 do artigo 26 bis citado, prevese que "Nas áreas sanitarias existirán consellos asesores de pacientes de área como órganos de participación das asociacións nas que se agrupan os pacientes no ámbito territorial das respectivas áreas". No artigo 68.2 da dita Lei establécense as áreas da Coruña e Cee; Santiago de Compostela e A Barbanza; Ferrol; Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; Pontevedra e O Salnés; e Vigo. Pola súa parte, o artigo 26 bis 3 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, determina que a composición e o funcionamento dos Consellos Asesores de Pacientes de Área farase mediante orde da consellería competente en materia de sanidade. 

Por tanto, para formar parte dos CONSELLOS ASESORES DE ÁREA SANITARIA, cumpre enviar o formulario para que a LRG poda distribuir os seus representantes nas comarcas.

Os aspirantes deben ser socios da LRG, ter firmada a LPDS e ter unha antiguedade de a lo menos 2 anos. A Xunta Directiva decidirá que candidatura se terá en conta para representarnos.

Os cargos poden ser ampliados en número e tempo , sustituidos o cesados.

As persoas que representen a entidade  deberán informar a Xunta Directiva dos acordos , resumenes e documentos tratados asi coma , LRG deberá estar informada das convocatorios e asistencia de membros que asisten.


© Liga Reumatoloxica Galega. C/ Venela s/n. A Coruña 15010 - 2015 
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar